CRTVG

Buscar

O Liceo agarda que o Comité de Competición sexa comprensivo

Publicado o 23/12/2019 16:47

O temporal impediu que o Liceo puidese xogar no Palau ante o Barcelona. En xogo estaba o liderado. E iso que botaron máis de 6 horas no aeroporto.

Os que si se presentaron á pista do Palau foron os xogadores do Barça e o colexiado. E mentres o Liceo estaba na Coruña, nun aeroporto. Agora o Comité de Competición da federación debe decidir se hai partido e cando se debe xogar. No Liceo confían en que aplique o sentido común e agradecen a boa predisposición do Barcelona. 

Juan Copa, adestrador do Deportivo Liceo: "Nós entendemos que, unha vez que a federación non suspende o partido, o Barcelona ten que facer este protocolo de presentarse e levantar acta. Pedimos que entendan esta situación que vivimos o sábado, que foi unha situación moi complicada aquí no aeroporto e en toda Galicia. O avión que tiña que levarnos a Barcelona tentou engalar aquí en Alvedro e non puido ser. Nós o que imos facer é presentar ante o comité de competición todo o que nos pasou. Entendemos que nos dará a razón e que vexan que non viaxamos por unha causa de forza maior. O Barça é un club grande. Quere xogar ese partido e nós tamén".

Noticias web

23/12/2019