CRTVG

Buscar

O Liceo abre en Italia a competición continental

Publicado o 18/10/2019 16:49

Clasificarse para os cuartos de final. Primeiro obxectivo do Liceo na Champions. O ano pasado non o lograron. E, cousas do destino, esta temporada volven estrearse na competición europea en Italia, ante o mesmo rival, o Forte dei Marmi, vixente campión da liga e da Supercopa. Daquela perderan, agora é outro Liceo.

Os coruñeses agardan prolongar en Europa o bo inicio de temporada. Na liga non puideron comezar mellor, son líderes con catro vitorias en catro xornadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019