CRTVG

Buscar

O Leyma derrota o COB e xogará a final da Copa Galicia

Publicado o 10/10/2020 15:00

Xa temos final da Copa Galicia de baloncesto masculino. O noso representante na ACB, o Obradoirio, agardaba rival e este será o Leyma Coruña. O equipo laranxa conseguiu o pase á final logo de superar o Ibereólica Renovables Ourense por tres puntos de diferenza. O Leyma dominou o partido pero a reacción final dos de Gonzalo garcía de Vitoria fíxolles ter opción de forzar a prórroga. Con tres putnos de desvantaxe e só catro segundos no electrónico, o COB tivo a última opción pero o Leyma defendeu ben a tripla. A final da Copa Galicia entre Obradoiro e Leyma está previsto que se dispute o mes de xaneiro.

Noticias web

10/10/2020

Máis sobre actualidade