CRTVG

Buscar

O Leyma Coruña malla no Almansa (62-93)

Publicado o 02/02/2020 22:02

Para lograr a súa decimocuarta victoria da campaña o Leyma Coruña so necesitou abrir unha fenda de 11 puntos no marcador nun parcial inicial de 13 a 2 co que o cadro de Sergio García encarrilou o encontro.

Os lanzamentos desde o perímetro foron determinantes para que a fenda no marcador fora cada vez maior.

O lituano Pecius xogou a un nivel extraordinario e Kamba marcou as diferenzas cando foi necesario para chegar ao descanso cunha vanatxe de 20 puntos a prol do combinado galego.

No terceiro cuarto os locais quixeron ciscar o partido para tratar de descentrar aos coruñeses, pero a diferenza era tan grande que o efecto que buscaban troou en todo o contrario.

Abdú Tiam marcou o ritmo no cuarto definitivo ata deixar a vantaxe final a favor do Leyma en 31 puntos.

Noticias web

02/02/2020