CRTVG

Buscar

Os tests de enfermidades de porcos e ovellas axudan na detección da COVID-19

Publicado o 31/03/2020 21:12

O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal que ten a Consellería do Medio Rural en Lugo está a colaborar co Sergas nas probas para detectar casos de coronavirus. Ante a situación extrema creada nesta crise sanitaria, nesta institución habitualmente dedicada ao sector gandeiro estase a analizar probas procedentes dos hospitais da Mariña, Monforte e Lugo, a través do HULA, e mais Ferrol e Ourense.

As técnicas das PCR para detectar coronavirus coinciden coas que se desenvolve con algunhas enfermidades de porcos e ovellas. Neste laboratorio teñen 30 anos de experiencia.

Noticias web

31/03/2020