CRTVG

Buscar

O Inter de Porto Alegre asume a marcha de Coudet, pero pídelle 2 millóns

Publicado o 10/11/2020 16:39

A precipitada, mais non por iso menos agardada, marcha de Òscar García do Celta volve deixar ao descuberto as febles costuras institucionais dun equipo cada volta máis imprevisible.

A cronoloxía das últimas 48 horas minimiza ao Celta mírándose no espello alén mar do Internacional de Porto Alegre. Os brasileiros reciben a noticia do seu adestrador de que marcha o domingo pola noite en hora galega, tarde na capital do Río Grande do Sur. Sorpresa, Coudet, con contrato en vigor e ao que o Celta vai buscar en pleno torneo, vén de empatar contra o Coritiba e mantén o liderado do campionato Brasileirao.

No Internacional dan a cara desde o primeiro momento e anuncian a marcha de Coudet o luns. Mesmo contando os detalles dunha negociación in extremis.

Asumida a marcha do adestrador, no Inter non tardaron nin catorce horas en ter de man a un sustituto. O veterano Abel Braga pode asinar esta tarde e mañá xa estaría en condicións de dirixir o equipo contra o América na Copa do Brasil. Mentres, aquí en Vigo, o único certo é a marcha de Óscar.

Noticias web

10/11/2020