CRTVG

Buscar

O Instituto Blanco Amor de Culleredo suma varios premios internacionais en matemáticas

Publicado o 09/12/2019 15:28

Hoxe toca clase de reforzo para o exame trimestral dos alumnos de terceira da ESO. O departamento de matemáticas do Blanco Amor de Culleredo leva anos traballando nun programa de competencias que reforza as capacidades de cada alumno partido da base de potenciar o cálculo mental.

Carmen Téllez, directora do IES Blanco Amor: "Encóntrano entretido. E iso engadido ao esforzo que potenciamos, fai que o alumno queira dedicarlle horas á materia".

Este traballo continuado está sendo recoñecido tanto cos resultados académicos coma con premios internacionais. A comunidade educativa tamén destaca como claves do éxito a convivencia escolar e a estabilidade do marco normativo que permite desenvolver proxectos e agardar resultados.

Carmen Téllez, directora do IES Blanco Amor: "Este tempo de tranquilidade normativa axudounos a dedicarlles tempo aos alumnos".

O fomento da innovación e das novas tecnoloxías completan un programa educativo que coloca o ensino á vangarda europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019