CRTVG

Buscar

O INE rebaixa sete décimas a caída do PIB no segundo trimestre

Publicado o 23/09/2020 10:20

O INE modera sete décimas, ata o 17,8 %, o afundimento do PIB no segundo trimestre do ano, que adiantou o pasado 31 de xullo e que sería consecuencia do confinamento decretado para frear a expansión do virus.

Esta caída histórica, que se intensificou con respecto á contracción do 5,2 % do primeiro trimestre do ano, foi consecuencia do descenso acusado do consumo dos fogares (20,4 %), do investimento empresarial en bens de equipo (28,6 %) e das exportacións (33,4 %), mentres que o gasto das administracións públicas creceu o 0,3 %.

O emprego medido en horas traballadas caeu un 21,7 %, un descenso superior á destrución de postos de traballo equivalentes a tempo completo, que diminuíron un 17,7 %.