CRTVG

Buscar

O Incio, con 21 falecidos da residencia de anciáns, sofre o gromo máis grave de Galicia

Publicado o 13/09/2020 16:55

Unha das vítimas da xornada foi un paciente da residencia de maiores do concelllo lugués do Incio, que con 21 falecidos sofre arestora o gromo máis grave de Galicia. No lado positivo, o número de residentes contaxiados descendeu en 15 persoas nas últimas horas.

O domingo é de malas novas tamén nesta residencia de maiores do concello lugués do Incio. Hai un novo residente falecido, co que son xa 21 as vítimas por mor do gromo máis grave de Galicia. O falecido tiña 77 anos, tiña patoloxías previas e estaba ingresado no hospital Lucus Augusti. Na localidade hai preocupación, pero ábrese tamén unha xanela á esperanza, xa que o número de maiores contaxiados se reduciuse nas últimas horas a 60, 15 menos ca onte.
Entre os traballadores do centro do Incio si que hai que sumar novos afectados. Son 36, oito máis ca onte.


 

Noticias web

13/09/2020