CRTVG

Buscar

O incendio en Tarragona segue sen control e xa arrasou 6.500 hectáreas

Publicado o 28/06/2019 20:20

O incendio forestal da Ribeira de Ebro continúa activo pero xa no ten focos potentes. Os equipos que traballan na extinción do lume consideran cruciais as próximas horas, en plena vaga de calor, que provocará na zona un aumento das temperaturas por riba dos 40 graos.

O lume continúa activo e arrasou 5.700 hectáreasO incendio orixinado este mércores nunha esterqueira da bisbarra tarraconense de Ribeira de Ebro continúa activo e, aínda que a situación mellorou con respecto á xornada anterior, os técnicos que dirixen o operativo de extinción móstranse cautos. "Parece que hai espazo para un prudente e moderado optimismo. En calquera caso, seguimos moi pendentes de como vai evolucionando o incendio."

Para esta tarde agárdanse temperaturas superiores aos 40 graos e algúns focos poderían reavivarse. Os esforzos dos máis de 600 bombeiros e militares da UME que traballan sobre o terreo, apoiados desde aire por unha vintena de avións e helicópteros, conseguiron reducir o perímetro do incendio.

O terreo queimado polo lume esténdese por oito concellos e cinco estradas permanecen cortadas na zona. Un auxiliar forestal tivo que ser atendido no hospital ao sufrir un golpe de calor. As 5.700 hectáreas arrasadas xa polo incendio en Ribeira de Ebro superan a superficie total queimada nos incendios forestais dos últimos cinco anos en Cataluña.

 

Noticias web

28/06/2019