CRTVG

Buscar

O impulso turístico da Ribeira Sacra fai que medre a construción

Publicado o 10/12/2019 15:12

É unha das vivendas que se está a rehabilitar en Nogueira de Ramuín. Os seus propietarios son de Madrid. A poucos metros, outras xa rematada. Os seus donos viven en Valencia.

Inmobles que se rehabilitan para segundas vivendas ou ben para uso turístico, son a maior parte das licenzas que se conceden pero non as únicas. Estas vivendas de Parada de Sil están sendo rehabilitadas para alugueiro dos que acoden traballar á zona, polo 'boom' turístico.

Actuacións que remozan a imaxe de aldeas que estaban a esmorecer, situadas nun lugar único, e que agora volven ter unha nova vida da man do turismo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019