CRTVG

Buscar

O IBEX rebota case un 4% este luns

Publicado o 06/04/2020 18:00
O IBEX rebota case un 4% este luns

O IBEX 35 rebotou un 3,99% na xornada bolsista deste luns, o que lle permitiu avanzar ata os 6.844,3 puntos, tras perder un 2,89% a pasada semana. O selectivo iniciou a sesión con ascensos, animado pola suba da bolsa de Toquio e coas bolsas chinesas pechadas, e foi capaz de mantelos durante toda a xornada. Este luns coñeceuse que a confianza do consumidor rexistrou en marzo o seu maior retroceso mensual da serie histórica ao caer 22,4 puntos en relación ao mes anterior, ata situarse en 63,3 puntos, o seu nivel máis baixo desde principios de 2014. Así mesmo, a confianza dos investidores da zona euro rexistrou en abril un afundimento sen precedentes como consecuencia do impacto do coronavirus e das medidas de contención da pandemia, segundo reflicte o índice elaborado pola axencia alemá Sentix, que se situou nun mínimo histórico de -42,9 puntos, fronte aos -17,1 da lectura do mes de marzo.

As principais bolsas europeas tamén rexistraron importantes avances. O Ftse 100 de Londres subiu un 3,1%, o Cac 40 de París un 4,78%, o Dax de Frankfurt un 5,71% e o Mib de Milán un 4,08%. No mercado de divisas, o euro intercambiábase a 1,0810 'billetes verdes', mentres que no mercado de débeda a prima de risco española ascendía a 114 puntos básicos, cos xuros esixidos a dez anos no 0,712%.

Noticias web

06/04/2020