CRTVG

Buscar

O grupo vasco no Congreso apoiará a sexta prórroga do estado de alarma

Publicado o 30/05/2020 23:10
O  grupo vasco no Congreso apoiará a sexta prórroga do estado de alarma

O grupo vasco no Congreso dos Deputados emitiu un comunicado a última hora do sábado para informar que alcanzara un acordo co Goberno para votar afirmativamente a proposta que vai realizar esta semana, consistente na sexta prórrogación do estado de alarma.

O acordo permitirá ao Lehendakari "a adopción, supresión, modulaci´pon e execución das medidas correspondenes á fase 3 do plan de desescalada" dentro da comunidade autónoma.

A comunidade proporá ao Ministro de Sanidade, con arreglo ao principio de cooperación, a superación da fase 3 nas diferentes provincias ou unidades territoriais da súa Comunidade e, polo tanto, a súa entrada na "nova normalidade".