CRTVG

Buscar

O Grove, de loito pola morte do mariñeiro que caeu dun barco en Ons

Publicado o 10/02/2020 14:06

No concello do Grove, e especialmente no sector pesqueiro, están de loito. Un accidente ocorrido onte pola mañá ao norte da illa de Ons fixo que un dos tres mariñeiros que pescaban a bordo do Tucán II falecera no mar. O patrón da embarcación, que se tirou a rescatar o seu compañeiro cando se decatou do que ocorría, está hospitalizado por hipotermia. O terceiro membro aínda non asimila os feitos.

Á falta de que a investigación aclare as causas que provocaron o falecemento do pescador, un home de 51 anos, no sector mariñeiro lamentan os feitos e esperan noticias antes de establecer conclusións. Non obstante, din que, seguramente, un descoido durante a pesca, incrementado polo mal tempo, causaron a traxedia.

Dende o consistorio da vila declararon dous día de loito oficial que rematarán mañá. Tamén barallan realizar unha homenaxe ao finado a bordo do pesqueiro. A nave atópase arestora no porto, tras ser arrastrada a terra coa axuda doutras embarcacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2020