CRTVG

Buscar

O Granada remonta e mantén o Español como cabeiro

Publicado o 01/02/2020 19:27

A felicidade instálase en Los Cármenes. O Granada sumou hoxe a súa sétima vitoria na casa e con ela oa 30 puntos. Fíxoo a costa dun Espanyol que malia dar sempre a cara non puido manter o efecto Abelardo no banco.
Adiantáronse os pericos dende os 11 metros despois de que Domingos Duarte cometera penalti sobre Raúl de Tomás. Foi o propio dianteiro o encargado de transformar a pena máxima.
Con vantaxe no marcador os de Abelardo dispuxeron de dúas ocasións claras para sentenciar o partido. Primeiro Darder e a continuación Raúl de Tomas, que petou con Rui Silva baixo os paus.
O empate ía chegar cando os andaluces semellaban máis acurralados. Machís superou no man a man a Diego López tras un pase sensacional de Carlos Fernández.
Os erros defensivos acabarían sentenciando os pericos, que xa recibiu 40 goles esta temporada. Nada máis regresar dos vestiarios, Naldo deixa que Machís lle roube o esférico para servirlle a Carlos Fernández, protagonista dunha gran xogada persoal, o segundo e definitivo.
O Espanyol perseguiu o empate sen éxito. Remata colista unha semana máis mentres o Granada soña xa coa Copa.

Noticias web

01/02/2020