CRTVG

Buscar

O Goberno aprobará un decreto para incorporar parados e inmigrantes ao campo

Publicado o 06/04/2020 23:49
O Goberno aprobará un decreto para incorporar parados e inmigrantes ao campo

O Goberno aprobará previsiblemente este martes no Consello de Ministros un real decreto polo que se incorporará a parados e inmigrantes para paliar a falta de man de obra no campo nun contexto marcado pola crise xerada pola pandemia do coronavirus, segundo confirmaron a Europa Press fontes gobernamentais. En concreto, o ministro de Agricultura, Luis Planas, xa avanzou a semana pasada que en España se necesitan entre 100.000 e 150.000 traballadores para facer fronte á recollida das colleitas das próximas semanas. Planas tamén confirmou que estaba a tratar este asunto coas organizacións agrarias, as comunidades autónomas e o Ministerio de Traballo para ver que medidas adoptar para atopar unha solución satisfactoria á escaseza de man de obra no campo tras as restricións de movemento para frear a expansión do coronavirus. Segundo adiantou o diario El País, este real decreto, que estará en vigor ata o 30 de xuño, considera estas medidas "urxentes" para poder garantir a producción. 

Noticias web

06/04/2020