CRTVG

Buscar

O Goberno vasco pide que os abertxales deixen de organizar homenaxes a etarras

Publicado o 29/07/2019 15:16

Este é Xabier Ugarte Villar, condenado a máis de 200 anos de prisión por participar en diversos atentados e secuestros da ETA, entre eles, o de José Antonio Ortega Lara. Este domingo volvía a Oñati tras cumprir 22 anos de cárcere.

O día anterior, outro etarra, José Javier Zabaleta Baldo, recibía unha homenaxe semellante en Hernani. A Delegación do Goberno no País Vasco xa enviou os informes policiais ao fiscal xefe da Audiencia Nacional para que investigue estes actos. Ademais, o executivo insta a esquerda abertxale a que faga autocrítica. Tamén o Goberno vasco lles pide aos independentistas que deixen de organizar este tipo de recibimentos.

Tanto o Goberno central como o vasco critican, ademais, o acoso que sofren os profesionais da información en actos coma este. PP e Ciudadanos tamén condenaron estas homenaxes e dúas asociacións de vítimas do terrorismo xa presentaron denuncia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019