O Goberno sopesa indemnizar as concesionarias das autoestradas pola perda de usuarios
Entre as medidas extraordinarias que o Goberno central adoptou o pasado mes de marzo para facer fronte ao impacto económico da crise sanitaria, inclúe a compensación ás concesionarias das autoestradas afectadas pola perda de usuarios. A Avogacía do Estado manifestouse contraria a esta medida por considerar que as peaxes seguían abertas e, polo tanto, con ingresos. Agora o Goberno reabre esa posibilidade cun novo decreto.
O estado de alarma levou as autoestradas a mínimos históricos no número de usuarios, en marzo a AP-9 rexistraba pouco máis de 5.000 vehículos comparado cos 22.000 do mesmo período do ano anterior. Reclaman recuperar as grandes perdas na facturación.
O Goberno establece duas vías para a realizar a compensación, ampliar o contrato nun máximo do 15 por cento do tempo da concesión ou modificando as cláusulas económicas, o que podería contemplar unha suba nas peaxes.