O Goberno reúnese coas comunidades autónomas para acordar a repartición de fondos
Publicado o 04/05/2020 14:55
Esta tarde, reunión entre o Goberno central e as comunidades autónomas para acordar a repartición de fondos.
Sobre a mesa, os 16.000 millóns de euros que o executivo de Sánchez anunciou que ía traspasar ás comunidades. O debate está nos criterios cos que se repartirán estes cartos.
Dende o Partido Popular de Galicia piden concreción e que se atendan características como a dispersión da poboación.