CRTVG

Buscar

O Goberno recorre á xustiza polo adianto do toque de queda en Castela e León

Publicado o 17/01/2021 21:21

As diferenzas entre as comunidades e o Goberno central sobre as medidas necesarias para frear a pandemia chegan á xustiza nesta terceira vaga de contaxios.

Nun intento de frear a expansión do virus, Castela e León impuxo o toque de queda ás 20 horas. A medida entrou en vigor o sábado polo que os axentes informan os cidadáns e convídanos a marchar para a casa.

Na primeira noite rexistráronse 132 denuncias, 24 delas por incumprimero da restrición de mobilidade entre as oito e as dez.

O executivo central oponse a este novo horario. Considera que adiantar dúas horas as restricións de mobilidade nocturna infrinxe o decreto do estado de alarma, polo que anunciou que a Avogacía Xeral do Estado vai interpoñer un recurso contencioso-administrativo.

O Goberno autónomico reafírmase. Asegura que manterá a restrición mentres o Tribunal Supremo non determine o contrario. O presidente di na súa conta de Twitter que "seguirá tomando medidas para protexer a vida e a saúde das persoas", porque -engade- a situación "é grave". Fernández Mañueco agradece que os veciños estean "á altura do difícil momento actual" cumprindo o toque de queda ás 20 horas".




 

Noticias web

17/01/2021