CRTVG

Buscar

O Goberno prevé ingresar 7.000 millóns con subas fiscais e a loita contra a fraude

Publicado o 16/10/2020 14:50

O Goberno prevé ingresar uns 7.000 millóns adicionais o próximo ano con subas de impostos e a nova lei contra a fraude fiscal, segundo lle explica a Bruxelas no seu plan presupostario.

Entre as novidades, suba do IVE para as bebidas azucradas. Pasa dun 10 a un 21%.

E créase un novo imposto para os envases de plástico dun só uso, que achegará 500 millóns anuais.

Ademais, a suba fiscal inclúe a taxa Google sobre determinados servizos dixitais e a taxa Tobin sobre as transaccións financeiras que hoxe saen no B.O.E. e entrarán en vigor co novo ano.

A maiores, Facenda fala doutros cambios na fiscalidade directa para reforzar a progresividade que aínda non detalla. Pero podería ser a suba do IRPF ás rendas máis altas que pactara o PSOE con Podemos. E tamén aluden a medidas na fiscalidade verde, que podería traducirse nun incremento do prezo do diésel, como xa contemplaban en 2019.

As subas de impostos irán para financiar as medidas sociais tamén incluídas no plan presupostario como o incremento das pensións segundo a inflación. Ou a ampliación do permiso de paternidade ata as 16 semanas.

Noticias web

16/10/2020