CRTVG

Buscar

O Goberno aproba unha liña de avais para empresas de 40.000 millóns

Publicado o 28/07/2020 13:24

O Consello de Ministros aprobou unha nova liña de avais para apoiar as empresas e os autónomos. Son 40.000 millóns que se van mobilizar a través do Instituto de Crédito Oficial. Priorizaranse os investimentos que xeren máis valor engadido, orientados á dixitalización e a reducir a contaminación.

Trátase dunha segunda fase de medidas destinadas a impulsar a reactivación económica do país. A primeira liña de avais, dotada con 100.000 millóns, aprobada o pasado 17 de marzo, esgotárase.


 

Noticias web

28/07/2020