CRTVG

Buscar

O Goberno aproba 171 propostas lexislativas para o novo curso político

Publicado o 08/09/2020 14:56

A xestión da pandemia será un dos asuntos que centren esta tarde a comparecencia do presidente do Goberno no Senado, pero antes Pedro Sánchez reuniu o seu Executivo para trazar a axenda dos próximos meses.

O executivo concretou a axenda lexislativa dos próximos meses, cos asuntos prioritarios do novo curso político.

Entre eles, a revisión da reforma laboral do goberno do PP, un asunto que provocara discrepancias no seo do goberno de coalición, tanto no tocante ao momento como á profundidade desta reforma.

Segundo explicou Carmen Calvo, a intención é trasladar calquera decisión ao marco do diálogo social, comezando polos aspectos que considera máis lesivos, como a subcontratación ou a prevalencia dos convenios.

O que non se tratou hoxe no Consello de Ministros foi a lei de teletraballo, en que está traballando o ministerio que dirixe Yolanda Díaz.

Noticias web

08/09/2020