CRTVG

Buscar

O Goberno pide manter a confianza na monarquía

Publicado o 15/07/2020 19:02

A Casa Real mantén o silencio o día seguinte de que o Goberno deixara en mans de Filipe VI a resposta ao goteo de informacións sobre o presunto cobro de comisións ilegais por parte do rei Xoán Carlos. O Executivo pide manter a confianza na monarquía como institución.

Juan Carlos Campo, ministro de Xustiza, admite que "evidentemente, hai preocupación con isto, pero creo que temos que estar confiados na institución da monarquía e protexela, porque creo que o rei Filipe VI está dando pasos moi importantes para dotar de maior transparencia o exercicio da Casa Real"

Pedro Sánchez non quixo afondar na cuestión e remitiuse a declaracións previas en que tachaba de inquietantes as revelacións sobre o rei emérito: "creo que fun claro nas miñas declaracións previas no Consello de Ministros, na sala de prensa da Moncloa, e non teño nada máis que dicir ao respecto"

O xornal El Confidencial conta este mércores que en 2012 o rei Xoán Carlos retirou 5 millóns de euros dunha conta en Suíza antes de cancelala.

Noticias web

15/07/2020

Máis sobre actualidade