CRTVG

Buscar

O Goberno pedirá executar a sentenza para acceder xa ao pazo de Meirás

Publicado o 29/10/2020 13:13
O Goberno pedirá executar a sentenza para acceder xa ao pazo de Meirás

O Goberno vai pedir a execución provisional da sentenza que determinou que o pazo de Meirás, no municipio coruñés de Sada, é propiedade do Estado para que a familia Franco faga entrega canto antes da propiedade, sen esperar a que se resolva o recurso que presentou.

Anunciouno o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, tras participar nunha videoconferencia co equipo da Avogacía do Estado en Galicia, ao que agradeceu o traballo realizado e co que analizou os próximos pasos.

A familia Franco recorreu ante a Audiencia Provincial da Coruña e a recuperación podería dilatarse un ano ou dous, polo que se decidiu solicitar a execución provisional da resolución do Xulgado número 1 de Primeira Instancia da Coruña, que considerou acreditado que a compravenda do pazo en 1941 foi un negocio simulado e nulo para inscribilo como propiedade privada de Francisco Franco.