CRTVG

Buscar

O Goberno achega posturas para prorrogar os ERTE ao mellorar as cotizacións

Publicado o 22/06/2020 21:34
O Goberno achega posturas para prorrogar os ERTE ao mellorar as cotizacións

 

O Goberno trasladou aos axentes sociais unha nova proposta para prorrogar as condicións extraordinarias dos ERTE ata o 30 de setembro que mellora as exoneracións de cotas inicialmente propostas e que os sindicatos ven con bos ollos, aínda que para a patronal aínda é insuficiente.

O Goberno comprometeuse a non levar a prórroga dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) ao Consello de Ministros de mañá para tratar de pechar un acordo se é posible durante desta semana. Segundo sinalan fontes do Ministerio de Traballo, a nova proposta, a cuarta que se pon sobre a mesa, está "adaptada" ás demandas dos axentes sociais.

Os sindicatos consideran que pode ser unha proposta para o acordo, mentres que fontes da CEOE cren que non achega unha solución a todas as situacións dos diferentes sectores, aínda que recoñecen que mellora as condicións da proposta anterior e din que a "valorarán internamente". UXT e CCOO tamén expresaron a súa vontade de sometela aos seus órganos de dirección antes de volver reunirse co Goberno o mércores.

Segundo apuntan desde UXT, na reunión, que se prolongou durante cinco horas, deuse "un paso importante na negociación" que agora deben someter patronal e sindicatos aos seus órganos de dirección. "Queda algún tema pendente e volveranse a reunir o mércores que vén", sinalan desde o sindicato.

Desde CCOO consideraron que a deste luns é unha "unha boa proposta, unha proposta para o acordo" que prorroga os axudas aos ERTE ata o 30 de setembro baseado nas condicións do pacto alcanzado, con melloras substanciais nas exoneracións de cotas, o que fora o principal escollo da negociación.

A secretaria de Acción Sindical, Mari Cruz Vicente, detallou en declaracións remitidas aos medios que a novidade máis importante é que as exoneracións de cotas á Seguridade Social aplicaranse tamén aos ERTE por causas obxectivas, o que facilitará o paso a este tipo de expedientes desde os de forza maior unha vez concluído o estado de alarma.

Tamén se manteñen as condicións de acceso a prestacións de desemprego -sen período de carencia e sen consumir paro (contador a cero)- e os ERTE de forza maior parciais que permiten ir incorporando traballadores en función da recuperación da actividade

Noticias web

22/06/2020