CRTVG

Buscar

O Goberno mantén o IVE do 21% das máscaras

Publicado o 20/04/2020 15:04

Coa chegada da pandemia, o prezo de máscaras, luvas e xeles hidroalcólicos disparouse. Para evitar abusos e garantir o acceso á cidadanía destes produtos, establécese agora un prezo máximo de venda.

A orde ministerial tamén fixa a información que ten que incluir o etiquetado das máscaras hixiénicas. Deberán especificar, entre outras cousas, se son reutilizables e tamén seu grao de filtración e respirabilidade.

As máscaras cirúrxicas poderán venderse soltas, pero só nas farmacias. Canto as máscaras de uso profesional, non terán prezo máximo polo momento, pero a orde deixa a porta aberta a facelo se fose preciso.

Noticias web

20/04/2020