Italia estuda demandar a Pfizer e AstraZeneca pola demora nas vacinas
Publicado o 24/01/2021 20:18
O Goberno de Italia estuda interpoñer demandas contra as farmacéuticas Pfizer e AstraZeneca por demoraren a distribución das vacinas contra a covid−19.
O primeiro ministro Giuseppe Conte lanzou duras críticas contra as dúas empresas. Dixo que a demora "vai ter consecuencias directas na vida e na saúde dos cidadáns e tamén no tecido económico-social". Nesa liña, anunciou que utilizarán todos os instrumentos legais para que Pfizer e AstraZeneca cumpran cos seus compromisos.
Máis sobre actualidade
02/03/2021 11:46