CRTVG

Buscar

O Goberno insite nun acordo co PP para renovar o CXPX "practicamente feito", que os populares negan

Publicado o 10/12/2020 13:46

A renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial segue no debate político con posicionamentos encontrados. O PSOE insiste en que hai un acordo co PP, "practicamente feito". Os populares négano.

A voceira do PP no Congreso, Cuca Gamarra di que "non é certo que haxa ningún tipo de acordo, se iso é o que trasladou a voceira socialista. E e as condicións son as que vimos trasladando nas últmas semanas: a retirada dunha reforma e que non forme parte desas negociacións Podemos".

Desde o Goberno, María Jesús Montero mantiña que "ningún partido político ten capacidade de veto na renovación destes órganos constitucionais. Volvemos facer un chamamento ao PP para que poña xa en acción o acordo, o preacordo que conseguimos e que eles se resisten a recoñecer en público".

 

Noticias web

10/12/2020