CRTVG

Buscar

O Goberno impulsará unha reforma para evitar o estado de alarma en caso de rebrote

Publicado o 13/05/2020 20:21

O Goberno impulsará unha reforma legal para evitar volver declarar o estado de alarma en caso de rebrote da epidemia. Carmen Calvo quere facela antes do verán e afectaría a educación e a sanidade. A vicepresidenta do Goberno garante que non suporá a retirada de ningunha competencia autonómica: "Temos que preparnos para pasar o verán e o outono, se hai unha repunta da intensidade da COVID-19, nunhas condicións que xa non teña que ser utilizable o artigo 116 da Constitución"

Calvo, que leva días sondando aos partidos para aprobar unha próxima prórroga do estado de alarma que sexa dun mes en lugar de quince días, confirmou na súa comparecencia no Senado que esa é a intención do Goberno. E explicou que están a falar cos grupos para conseguir o apoio para que esta quinta prórroga se prolongue ata o final do desconfinamiento, "o que significa máis ou menos un mes".Antes lembrou que o Executivo calcula que a desescalada acabará a finais de xuño ou principios de xullo. 

Noticias web

13/05/2020