CRTVG

Buscar

O Goberno estuda a supresión das pequenas estacións de tren entre Ferrol e A Coruña

Publicado o 04/03/2020 15:11

Un trazado con moitas curvas e sen electrificar que impide que nin sequera os trens máis modernos poidan acadar velocidades competitivas. Cubrir os pouco máis de 50 quilómetros entre Ferrol e A Coruña en tren leva practicamente unha hora e media, fronte aos 40 minutos da estrada.

O Ministerio de Fomento traballa nun proxecto de mellora da liña de aquí ao 2025, con medidas entre as que se incluiría unha eliminación das estacións con menos viaxeiros.

O trazado entre Ferrol e A Coruña conta cun total de 15 estacións, incluídas as dúas cabeceiras. Segundo datos de Renfe, todas elas sufriron un descenso de viaxeiros nos últimos anos.

Noticias web

04/03/2020