CRTVG

Buscar

O Goberno eliminará o requisito do máster para dar clases nos institutos

Publicado o 24/09/2020 16:36

E ante a dimensión da pandemia, a comunidade educativa respondeu con compromiso. Os protocolos, din as comunidades autónomas, están funcionando. Agora mesmo, hai 2.852 grupos illados, apenas o 0,73% de todas as aulas que hai en España. Os colexios, di o ministerio, son lugares seguros.

Comunidades e Goberno central acordaron hoxe un novo paquete de medidas. A proba de acceso á universidade será como a última, adaptaranse os currículos para recuperar o que non se aprendeu o curso pasado e na FP reduciranse as prácticas. Moitas comunidades expuxeron ademais, as dificultades que están atopando para contratar profesores de reforzo.

Por iso, o ministerio vai permitir, de xeito extraordinario, que se contraten titulados sen o máster para a docencia.

Noticias web

24/09/2020