CRTVG

Buscar

O Goberno di que a reforma do CXPX é a única solución para desbloquear a renovación

Publicado o 20/10/2020 16:29

Novidades na reforma que propoñen PSOE e Unidas Podemos para rebaixar a maioría cualificada coa que se nomea os maxistrados do máximo órgano de goberno dos xuíces.

Tres tribunais superiores de Xustiza rexeitan a proposta do Goberno. Cren que mingua a independencia xudicial. O Executivo di que é a única solución para desbloquear a renovación.

"É responsabilidade do Goberno e do lexislativo impulsar medidas para que no se prexudique ningunha institución, senón que poidamos darlle vía libre á renovación", sinalou María Jesús Montero, voceira do Goberno.

Noticias web

20/10/2020

Máis sobre actualidade