CRTVG

Buscar

Madrid terá unha sesión de investidura sen candidato ao non haber acordo entre PP, Ciudadanos e Vox

Publicado o 09/07/2019 21:47

Fracasa reunión in extremis celebrada entre os líderes de PP, c's e Vox de Madrid para desbloquear o goberno da comunidade. O encontro produciuse despois de que o voceiro de Ciudadanos accedese por vez primeira sentar con Vox na mesma mesa. Aínda así non foi posible chegar a un acordo.

Así as cousas este mércores celebrase a sesión de investidura na Asemblea de Madrid pero sen candidato porque ninguén ten os apoios suficientes. Para o único que vai valer este pleno é para que bote a andar o reloxo. Se en dous meses ningún candidato obtén a confianza da cámara haberá que repetir as eleccións.

Precisamente o voceiro de Ciudadanos ve problable a convocatoria de novos comicios. Con todo, desde Vox valoran positivamente o encontro aínda que non se chegase a un acordo. "Eu estou moi contenta coa reuníón. Penso que superamos algunhas barreiras que había e estamos sentando como xente civilizada para chegar a un acordo que é do que se trata", di Rocío Monasterio, voceira de Vox na Asemblea de Madrid.

"Creo que é unha oportunidade perdida de poñerse a traballar para que na Comunidade de Madrid, despois de 24 anos de gobernos monocor, haxa un goberno de centro-liberal-reformista formado por PP e Ciudadanos. Pero, se nada o remedia nos próximos días, é moi probable que vaiamos a segundas eleccións no mes de setembro", afirma Ignacio Aguado, voceiro de Ciudadanos na Asemblea de Madrid.

Noticias web

09/07/2019