CRTVG

Buscar

O Goberno creará un 'superfondo' para completar as pensións

Publicado o 26/10/2020 08:29
O Goberno creará un 'superfondo' para completar as pensións

Mañá preséntanse os presupostos e parece que van incluír unha novidade: un superfondo de pensións de titularidade pública ao que poderán adherirse as empresas e despois facilitar plans de xubilación aos seus traballadores, segundo adianta o xornal El Mundo.

O obxectivo é que as empresas doten os traballadores dun sistema de aforro para completar a pensión pública cando se xubilen. Serán fondos de pensión do Estado pero xestionados por unha entidade privada, despois dun concurso público, e poderán unirse as empresas que o desexen. Para incentivalos terán bonificacións fiscais superiores ás actuais. A idea é potenciar estes plans de pensións de empresa e ir baixando as bonificacións aos plans individuais.

Noticias web

26/10/2020