CRTVG

Buscar

O Goberno chama á disciplina ao detectar que repuntou o tráfico

Publicado o 09/04/2020 20:54

Coincidindo coa Semana Santa, o Goberno estatal detectou que repuntou en certa medida o tráfico no acceso a diversas cidades, polo que fai un chamamento a manter a disciplina e respectar o estado de alarma.

As autoridades lembran que se deben restrinxir ao mínimo, ao estritamente necesario, os desprazamentos, tanto en vehículo coma noutros medios de transporte. De feito, nos trens de media e longa distancia de Renfe tamén se detectou un leve incremento no número de viaxeiros.








 

Noticias web

09/04/2020