CRTVG

Buscar

O Goberno central non modifica a súa proposta sobre o uso do superávit dos concellos

Publicado o 29/07/2020 15:56

O Goberno español non vai modificar o borrador que lles trasladou aos concellos a través da Federación de Municipios.

Pretende que lles presten os seus aforros, o seu superávit, e logo devolverllelo en dous anos. En total, 5.000 millóns de euros.

Os concellos galegos quedarían así sen 900 millóns de euros para afrontar a crise económica e sanitaria.

A Lei de estabilidade presupostaria de 2012 establece tutelas que non comparten.

Pola súa banda, a Federación española de Municipios e Provincias ten previsto pronunciarse esta semana sobre esa proposta do Goberno central de quedar co seu superávit.

Noticias web

29/07/2020