CRTVG

Buscar

O Goberno central amplía o prazo para pedir o ingreso mínimo vital ata o 31 de decembro

Publicado o 23/09/2020 16:05

O colapso nos trámites para solicitar o ingreso mínimo vital obriga a tomar medidas de urxencia. O Goberno central amplía o prazo para pedilo ata o 31 de decembro.

De todos os fogares españois que solicitaron a renda mínima, uns 900.000, tan só 80.000 recibiron resposta positiva.

A outros moitos xa lles foi denegada. Nalgúns casos non se recoñece a situación de vulnerabilidade dos solicitantes.

800.000 solicitantes en España aínda non teñen resposta. O aluvión de demandas e a falta de persoal máis a excesiva burocracia provocan o colapso.

Entre as medidas de urxencia sobre esta prestación, o Goberno tamén amplía o período de retroactividade ata o 1 de xuño e suprime a esixencia de que o beneficiario estea apuntado nos servizos públicos de emprego.

 

Noticias web

23/09/2020