CRTVG

Buscar

O Goberno celebra que coa sentenza do Supremo no caso da Manada "se fixo xustiza"

Publicado o 21/06/2019 21:04

O Goberno celebra a sentenza de La Manada e di que con ela se está facendo xustiza. A través de Twitter, o presidente Pedro Sánchez asegura que a sentenza é un paso máis na defensa das mulleres en España. Tamén desde Ciudadanos, Inés Arrimadas celebra, di literalmente, "que caia todo o peso da lei sobre os violadores de La Manada". O líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, considera que por fin a xustiza escoitou as mulleres e felicita o colectivo feminista pola súa loita.

Tamén se referiu ao asunto o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo asegura que os cidadáns entenderán mellor esta sentenza do Supremo que as que se ditaron antes sobre o caso. E di que demostra que a xustiza en España funciona.