CRTVG

Buscar

O Goberno buscará o apoio de ERC e Bildu para intentar sacar adiante os presupostos

Publicado o 15/09/2020 15:55

Pablo Iglesias vaise reunir mañá con Gabriel Rufián e coa deputada abertzale no Congreso. Bildu xa adiantou que o seu apoio ás contas do Executivo depende dun cambio na política penitenciara dos presos da ETA, mentres que Esquerra condiciona o seu voto á convocatoria da mesa de diálogo sobre Cataluña.

Rufián reunirase pola tarde con Carmen Calvo, que mantén unha rolda de contactos paralela no seo do Executivo.

Noticias web

15/09/2020