CRTVG

Buscar

O Goberno balear defende que non fallou o protocolo no caso dos menores baixo a súa tutela explotados sexualmente

Publicado o 23/01/2020 14:19

Ademais do Defensor do Pobo, a Fiscalía das Baleares investiga tamén a situación de polo menos 16 menores tutelados de Mallorca que puideron ser vítimas de explotación sexual.

Malia que a Garda Civil e a policía descartan que na illa existan redes organizadas dedicadas a este fin, si detectaron pisos onde se trafica con drogas e se prostitúen mozos que, en teoría, residen en centros de acollida do Goberno autonómico, encabezado polos socialistas en coalición con Podemos e os catalanistas de Més. Na súa defensa saía hoxe a voceira do PSOE no Congreso.

Pero a oposición denuncia que o executivo rexional non só está a tapar o escándalo, senón que rexeitou en dúas ocasións investigar o Instituto de Asuntos Sociais, encargado da tutela. O seu responsable argumenta que os centros de menores non supervisan que fan fóra dos mesmos con ou sen permiso, e defende que o protocolo non fallou nos casos investigados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020