CRTVG

Buscar

O Goberno dá luz verde á orbital de Santiago e aos dous novos xulgados do social

Publicado o 12/04/2019 19:24

No primeiro Consello de Ministros tras o comezo da precampaña electoral tomáronse decisións directamente vencelladas a Galicia.

O Goberno tamén autorizou, este venres, ao Ministerio de Fomento a licitar a obra do orbital de Santiago, o enlace entre e a autoestrada AP-9 e a autovía A-54, que une a capital con Lugo. Esta obra permitirá desconxestionar os accesos norte de Santiago e mellorará o tráfico dos polígonos industriais da zona. O contrato ten un importe de case 21 millóns de euros, e o prazo da obra estímase nuns 35 meses.

O Goberno crea xulgados do social en Santiago e Vigo, pero non en Lugo

O Goberno central aprobou este venres dous reais decretos polos que se crean 75 novas unidades xudiciais e se amplía o cadro do Ministerio Fiscal en 80 novas prazas. Na listaxe recóllese o impulso a novos xulgados do social nas cidades de Santiago e Vigo pero non en Lugo, como solicitaran a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en calidade de necesidades "prioritarias" do territorio galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019