CRTVG

Buscar

O Goberno aprobará o ingreso mínimo vital no último Consello de Ministros de maio

Publicado o 18/05/2020 19:36

O Goberno aprobará o ingreso mínimo vital no último Consello de Ministros de maio. Arrancará aboándoselles de oficio a uns cen mil fogares. Díxoo esta mañá o ministro da Seguridade Social, quen tamén asegurou que non se recortarán as pensións a pesar do aumento do gasto público.

José Luis Escrivá, ministro de Inclusión e Seguridade Social "É un aumento de débeda ou un debilitamento de ingresos transitorio, non estrutural. Isto abórdase cun financiamento extraordinario tamén, non debe afectar as nosas posicións estruturais a medio prazo. Polo tanto, todas estas referencias que se están facendo sobre as pensións non están sustentadas en nada sólido"

Noticias web

18/05/2020