CRTVG

Buscar

O Goberno adxudica a unha empresa de Portugal o leite que se reparte entre os desfavorecidos

Publicado o 10/11/2020 14:32

Cada mes entran neste banco de alimentos 120.000 litros de leite. Destes palés saen os cartóns que se reparten semanalmente. 

"A totalidade do leite que repartimos ven das doazóns das lácteas de aqui", explica Amadora Núñez, coordinadora do banco de alimentos de Lugo.

Tres veces ao ano chegan estes palés de alimentos a través do programa europeo de axuda humanitaria. Este ano o leite procede de Portugal, porque foi unha empresa do país veciño a que conseguiu a adxudicacion dos lotes tras presentar a oferta máis barata.

"Non pretendemos que non poda concursar unha empresa francesa ou portuguesa, queremos que non se xogue cun criterio que perxudica gravemente os produtores de leite e que a metade deles están en Galicia", denuncia o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García. 

As asociacións gandeiras denuncian que o Ministerio de Agricultura só tivo en conta o criterio económico, non valorou aspectos como a calidade, os custos de produción ou a orixe do leite.

Noticias web

10/11/2020