CRTVG

Buscar

O Goberno adianta que as cifras do déficit e a débeda son positivas e asegura que as contas cadran

Publicado o 30/04/2019 15:35

O Goberno en funcións ten limitada por lei a súa acción ao despacho ordinario de asuntos públicos. Pero na axenda había un asunto de primeira orde: a ministra de Economía presentou o cadro macroeconómico que España envía esta tarde a Bruxelas dentro do Programa de estabilidade, unha obriga de todos os estados membros antes de que remate abril. A voceira do Executivo anticipou que os datos son "moi positivos" e que as contas casan.

A previsión de crecemento económico para este ano é do 2,2%, e a cifra do primeiro trimestre semella confirmar esta tendencia, xa que o PIB medrou un 0,7 respecto do trimestre anterior. Canto ao déficit público, o obxectivo do Goberno é reducilo en case cinco décimas, ata o dous por cento. E rebaixar outro punto porcentual a débeda pública, ata o 96% do PIB.

O novo programa de estabilidade tamén recolle unha previsión da taxa do paro por debaixo do 14% antes de que remate o ano, case medio punto menos que o último exercicio. O desemprego situaríase así en niveis de 2008.

Noticias web

30/04/2019