O Goberno activará unha mesa de seguimento sobre o futuro de Alcoa San Cibrao
Publicado o 16/09/2019 21:16
Valoración moderadamente positiva dos traballadores de Alcoa San Cibrao despois de reunirse coa ministra de Industria. Dende o Ministerio comprométense a visitar a factoría e crear un grupo de traballo cos operarios para seguir buscando solucións que garantan o futuro da fábrica.
Porén, volveu quedar claro que non hai posibilidades de modificar o estatuto das empresas electrointensivas mentres o goberno siga estando en funcións. Tamén se falou da opción de activar ao máximo as axudas de compensación para Alcoa.