CRTVG

Buscar

O Goberno acelera a transferencia de competencias a Euskadi

Publicado o 05/02/2020 20:07

Os gobernos español e vasco aceleran a transferencia de competencias a Euskadi. As máis inmediatas serán a lexislación de produtos farmacéuticos, os seguros escolares e as axudas aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de Emprego.

A ministra de Política Territorial, Carolina Darias, e o conselleiro de Autogoberno, Josu Erkoreka, acordaron, ademais, crear grupos de traballo para retirar os recursos xudiciais interpostos a dúas leis vascas e unha española.

Noticias web

05/02/2020