O Goberno, a Xunta e os traballadores esperan que Alcoa volva negociar
A anulación do despedimento colectivo é unha batalla máis gañada, pero non soluciona o conflito laboral. O camiño para Goberno e Xunta é volver ás negociacións e encamiñar a venda da fábrica. Industria mantén a proposta de venda a través da Sepi, pero non fala directamente de intervención pública.
"Seguimos abertos a todas as posibilidades, o 27 de setembro ofreceuselle a Alcoa media nesa venda cara un terceiro privado a través da Sepi, esa opción segue aberta", di o secretario xeral de Industria, Raúl Blanco.
Os traballadores non confían en que Alcoa volva ás negociacións e tras recibir o apoio xudicial din que só queda que o Goberno mova ficha.
"É o Ministerio de Industria o que ten que decidir dunha vez por todas se Alcoa non se senta a negociar se intervén a planta ou vai seguir excusandose nos xulgados", manifesta José Antonio Zan, do comité de empresa.
A Xunta di que a solución, veña pola vía que veña, ten que garantir o emprego e a actividade industrial.
"Unha solución compartida con Alcoa, a alternativa, a intervencion, pero a única via para a Xunta é atopar unha solución que garanta o emprego e actividade industrial", di o vicepresidente económico, Francisco Conde.
Alcoa ten cinco días para recorrer contra a sentenza ante o Supremo.