CRTVG

Buscar

O galego Diego Ocampo asina ata 2022 como técnico do Básket Zaragoza

Publicado o 11/07/2020 13:22
O galego Diego Ocampo asina ata 2022 como técnico do Básket Zaragoza

O adestrador galego Diego Ocampo asinou o contrato que o vincula a Básket Zaragoza para as dúas próximas temporadas. É a resposta do club aragonés ao anuncio que o seu técnico ata esta temporada Porfirio Fisac fixo nas últimas horas cando anunciou que marchaba a Gran Canaria.

Diego Ocampo formouse nas categorías do Club Ourense Baloncesto. Pasou por Girona como axudante de Pedro Martínez e Sevilla, con Joan Plaza e Aíto García Reneses. No 2014 chegoulle a oportunidade de voar en solitario co UCAM Murcia. Murcia, Estudiantes, Joventut, Manresa ou o filial do Barcelona foron os proxectos nos que estivo Ocampo que agora terá unha nova ocasión de adestrar na elite.