CRTVG

Buscar

O futuro das oposicións de Educación decidirase no mes de maio

Publicado o 08/04/2020 20:38

A Xunta de Galicia mantén a convocatoria de oposicións para Educación supeditada á evolución da pandemia do coronavirus e ao que recomenden as autoridades sanitarias. Din que polo de agora están aínda a tempo de cumprir os prazos administrativos e celebralas este ano, pero que non se tomará unha decisión definitiva ata despois do 26 de abril.

"Sempre e cando se cumpran esas condicións sanitarias e loxísticas necesarias para a celebración das oposicións, celebraranse. Pero tamén a mensaxe de tranquilidade de que nunca, por suposto, se porá en risco nin a saúde dos opositores nin dos tribunais", asegura a Conselleira de Educación, Carmen Pomar.

Noticias web

08/04/2020